Os turistas volven converter As Catedrais no seu xoguete particular

O alcalde de Ribadeo pídelle á Xunta que controle máis a práctica de facer milladoiros na praia.

Turistas facendo pequenos milladoiros en zonas prohibidas da praia das Catedrais /@tocamates Tuiter

O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito ao Servizo de Conservación da Natureza da Xunta para que tome as medidas necesarias encamiñadas a evitar o amoreamento de pedras que os visitantes están a realizar na praia das Catedrais.

Nesa carta o rexedor lembra que xa o pasado ano xa se queixara pola mesma práctica e suliña que As Catedrais é un espazo natural protexido, cuxo acceso está a ser controlado pola Xunta de Galicia. “O ano pasado a través do persoal, tanto municipal como autonómico presente na praia, conseguírase controlar este tipo de comportamento, pero á vista da actual situación, compre realizar un reforzo”, dixo.

Suárez Barcia suliñou que o concello xa lle pediu novamente aos socorristas que, na medida do posible, lle trasladen aos usuarios deste espazo a prohibición de seguir con esta práctica, “aínda que isto non forma parte do seu cometido”. Por iso, insistiu en que sexa o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta o que tome as medidas que consideren necesarias para corrixir esta problemática, a través dos seus axentes medio ambientais, carteis ou información do persoal regulador do acceso á praia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here